Sobre Nós
Moito choveu dende que en 1976 comezaran as primeiras clases en Aula Nova. Por aquel entón, incluso o nome era diferente:
Aula de Informática.
Os primeiros alumnos/as recibían as clases nun baixo da Praza Alfonso IX que rápidamente ficou pequeno. De aí pasouse a un piso ao lado dos soportais nun momento en que a Informática democratizábase e a xente demandaba cursos sobre como aprender a usar os ordenadores.
Anos despois, xa en 1992 Aula Nova coñecerá o seu actual emprazamento na Rúa do Rollo. A alta demanda por parte do alumnado fixo que fose máis necesario que nunca unhas instalacións acordes. O elexido foi un baixo de 300 metros cadrados que estaba completamente baleiro e aínda de obra. Tras moito traballo, transformouse na academia máis grande, mellor preparada e cos mellores resultados da comarca.
Ata a actualidade, milleiros de estudantes levan confiando e confían en nós, algo do que nos sentimos profundamente orgullosos. A clave para que isto sexa así non é outra que cada un dos profesores/as de Aula Nova realiza o seu traballo con tesón, constancia e paixón para que cada alumno acade a súa mellor versión académica. Se ese tamén é o teu obxectivo, non busques máis e chámanos!